O Recreo da costa da Morte

Fai preto de 25 anos que naceu O Café-Bar Pulpería O Recreo. Logo dunha pasada ampliación e a recente reforma e reestructuración do local, O Recreo converteuse nun lugar completamente distinto. Novo, moderno e acolledor; emprega a temática mariñeira como punto de partida na súa decoración.
Dúas zonas diferenciadas compoñen a cafetería, por un lado, e o restaurante por outro.
A primeira delas é o sitio perfecto para un café de mañá, unha cervexa á tarde, ou unha copa para rematar o día, e poder disfrutar de calquera das nosas tapas cómoda e relaxadamente.
O comedor, con capacidade para 75 persoas e un reservado propio, ofrece á mesa a tradición da cociña senlleira galega, dos peixes, mariscos e carnes da zona, presentados en innovadores pratos e receitas para ofrecer ós nosos visitantes o mellor dos nosos productos.

Comments are closed.