Costa de la muerte

A Costa da Morte é o lugar perdido da Península onde se perde o Sol e a esencia do pasado segue estando presente. A historia da nosa comarca está marcada polo mar, polo mar bravo que se levou tantos barcos e tantas vidas (de alí o nome) pero que, ó mesmo tempo, impregna todo o que temos preto e nos da esa forma de ser e facer as cousas. Somos o Fin da Terra e o Olimpo Celta. Un recuncho do Mundo que ofrece infinitos encantos.

VIlas da bisbarra de Fisterra:

Cee: O concello de Cee é hoxe en día a capital da Costa da Morte. Tendas, comercios, cine, empresas, industria e o hospital comarcal aséntanse neste concello. É polo tanto unha vila de servizos, pero tamén con moita historia e con moitos recunchos cheos de encanto. A fundación Fernando Blanco, o Pazo de Cotón, ou mesmo todo o casco antigo; e areais e pequenos paraísos como Lires, Gures ou Estorde fan de Cee un concello de obrigado paso.

Fisterra: O seu nome procedente do latín finis terrae, fin da terra, cautivou dende antigo a multitude de persoas que anhelaban asomarse á fin do mundo. A súa singularidade xorde das moitas lendas que envolven a estas terras, nas que se entrelazan temas relixiosos, marítimos e elementos pétreos. Fisterra é un concello mariñeiro e, cada vez máis, turístico. A recente catalogación do cabo como Patrimonio Cultural Europeo, o auxe nos últimos anos da ruta final do Camiño de Santiago, a súa gastronomía e os numerosos encantos desta vila, fan de Fisterra un perfecto lugar para coñecer.
Corcubión: Na actualidade Corcubión é cabeza de partido xudicial e concentra a maioría dos servizos administrativos do extremo occidental galego, segue vivindo da pesca e o marisqueo mais tamén da industria, a construción e sobre todo do sector servizos que ocupa o 70% da poboación activa. Na década dos sesenta a vila recibe varios galardóns que premian a súa pulcritude e beleza.. En 1984 a vila foi declarada “Conxunto Histórico-Artístico” e no ano 2000 “Municipio Turístico Galego” pola Xunta. Nos últimos anos, un auxe do turismo atrae á vila señorial de Corcubión a visitantes de todo o mundo.
Dumbría: As terras de Dumbría, cun numeroso e rico pasado histórico, compoñen un concello de cultura menos mariñeira que os seus veciños, pero conforma unha parte fundamental na Rota Xacobea a Fisterra. O Ézaro, coa Fervenza do Xallas (único río que desemboca no mar en forma de fervenza en Europa), é o seu principal e máis coñecido atractivo turístico, aínda que todo o seu territorio recolle espazos ben fermosos.
Carnota: Carnota
Muxía:
Camariñas:

Comments are closed.